Friday 17 de May de 2024

Política Social lembra que esta semana remata o prazo para que as Escolas Infantís de Iniciativa Social soliciten axudas para implantar a gratuidade para segundos fillos e sucesivos


 

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a escola infantil de iniciativa social Jesús Raiola de Betanzos. Alí lembrou que, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), esta semana remata o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos.

A partir do 1 de abril, as escolas infantís de iniciativa social que así o soliciten beneficiaranse desta iniciativa. Amparo González explicou que o Goberno galego, mediante esta iniciativa, cubrirá os gastos de atención educativa, non así o comedor, que seguirá a cargo dos pais. A directora xeral confirmoulles que a medida beneficiará a fillos que formen parte dunha mesma unidade familiar.